Goza do clásico xogo de ritmos das recreativas xaponesas desde a comodidade do teu fogar! Usa o control por movemento e goza do tambor como nunca!.
Tipo de competición: 1 vs 1. Eliminatoria simple Bo3.
Versión: Nintendo Switch, última versión dispoñible.
Normativa específica
- Os enfrontamentos xogaranse 1vs1 ao mellor de 3 partidas (BO3).
- Cada xogador elixirá unha canción para enfrontarse. En caso de empate, será a organización quen escolla unha canción para resolvelo. Se aínda así persistise o empate, xogarase outra canción escollida ao azar e nunha dificultade superior.
- Poderase elixir calquera canción das que estean dispoñibles no momento da partida.
Configuración de la partida
- Xogarase na dificultade Normal para todas as cancións, a non ser que os dou participantes decidan xogar nunha dificultade superior. A dificultade para semifinais e finais decidiraa a organización.
- Só se poden elixir os dous primeiros avatares (os que non teñen habilidades).
- Non está permitido editar o son dos tambores.
Normativa de comportamento e asistencia:
- Esperarase un máximo de 10 minutos desde a hora especificada na intranet.
- Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa.
- Expulsarase da competición a calquera participante que utilice programas, glitches e/ou hacks que faciliten axudas.
- Non se permite o coaching durante as partidas.
- Non se permite a conduta antideportiva polo calquera medio de comunicación.
Observacións
- Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
- Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
- Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
- En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
- As normas expostas anteriormente serven de referencia pero poden ser actualizadas por un organizador en calquera momento para reflectir cambios de última hora ou aclaracións/modificacións segundo se requira.
- A esta normativa compleménta a normativa xeral.