Outras actividades

Non importa se es un scener, un gamer, gústache o modding, ou se simplemente non encaixas en ningún outro lado... Esta é a túa sección! Só che pedimos que deixes a vergoña de lado.

 

 Trivial de cinema

Es ti esa clase de amigo que sempre ten na punta da lingua o nome da película que ninguén máis coñece?, viches toda a filmografía de Charles Chaplin e Buster Keaton?, es deses que ordenan de forma cronolóxica as películas de Marvel segundo pasaron pola súa data de estreno? Este trivial é para ti.

 Trivial de xogos

Estás ao día na actualidade de videoxogos ou levas coa Super Nintendo enchufada na túa tele de tubo desde 1995?. Aquí os maiores talentos do coñecemento de videoxogos enfróntanse para demostrar quen sabe máis nun trivial divertido e aloucado.

 Papers flight simulator, top gun dlc

Desde os albores da humanidade o ser humano sempre tivo o soño de voar, agora nós dámosche un papel para que cumpras os teus soños. Tres roldas diferentes onde se medirá a distancia percorrida, o maior tempo de voo e as acrobacias.

 Game of encounter: A casa da org

Hai moito tempo, antes da creación das casas, existía unha única casa que reinaba sobre todos. A casa da org. Este ano tres pobos volvéronse o suficientemente fortes e numerosos como para crear as súas propias casas. A casa da org organizará un gran torneo con moitas probas e daralle a súa bendición como casa aos pobos que logren superalas. Estades preparados para reclamar o voso posto no imperio?

Subir ^

twitter facebook