Actividades

Iremos informando sobre as diferentes actividades que haberá na Extranet.

 

 

IVAO ES (International Virtual Aviation Organisation)

No stand sempre estaremos encantados de atenderte e de proporcionarche toda a información que necesites para entrar neste apaixonante mundo da simulación aérea.

Déixate levar, e embárcate con IVAO no que pode ser a viaxe da túa vida.

PROGRAMA

Venres día 07 outubro

  • 11:00-14:00 Concurso de tomas "suaves". Os pilotos deberán realizar a mellor aterraxe posible.
  • 16:00-19:30 GALICIA OVERLOAD Evento virtual no que se abrirán todas as posicións de control de tránsito aéreo pertencentes a Galicia, como son radares e o os seu tres aeroportos. Os pilotos voarán desde calquera punto da península a un destes aeroportos.

Sábado día 08 outubro:

  • 11:00-14:00 Concurso de "voo nivelado". Os pilotos deberán voar o avión da forma máis nivelada posible, dentro dun espazo aéreo controlado.
  • 16:00-19:30 LEVC > LEST Unidirectional Airbridge. Os pilotos despegarán desde o aeroporto de Valencia e dirixiranse ao aeroporto de Santiago de Compostela.

Webhttps://es.ivao.aero/

Twitch twitter facebook youtube instagram    

subir ^

Wuautech

Wuautech é un Studio de VR/AR. Desenvolvemos xogos e experiencias de hiperrealidad que potencian a inmersión, non só a través dunha narrativa, se non axudándose dunha parte física e sensorial que fai máis realista a experiencia.

Durante esta edición da XGN R Encounter no noso espazo poderedes gozar de:

Metabis: MetaBis é unha experiencia de hiperrealidade totalmente inmersiva. Unha experiencia bela e minimalista, co mar e o ceo como único escenario.

The Game: The Game é unha gymkana en VR, unha sucesión de xogos que atravesar a contrareloxo conseguindo a maior puntuación.

twitter facebook instagram

subir ^

twitter facebook