Iremos informando sobre as diferentes conferencias que haberá no evento.
Se queres ser un dos conferenciantes, presenta xa a túa proposta enviando un email indicando o teu nome, título do relatorio e unha descrición da mesma.
HORARIO DE CONFERENCIAS*
Venres, 7 de outubro
16:00 - 17:45 Monta o teu Deck
18:00 - 19:45 Hidroimpresión
Sábado, 8 de outubro
11:00 - 11:45 IVAO, simulando o ceo
13:00 - 13:45 Materiais baratos para iniciarse no cosplay
17:00 - 17:45 Fotografía e Retoque Dixital Profesional
18:00 - 19:30 Monta a túa web desde cero
*Este programa é provisional, e polo tanto está suxeito a variacións que se comunicarán oportunamente.
Monta o teu Deck
Idioma: Castelán
Relator: Víctor Pardo Gómez
Empresa: Inven – Espacio creativo y coworking
Descrición do relatorio:
Démoslle unha volta ao deseño e funcionalidade da nosa Macro keyboard. Tomando como referencia o Stream Deck e a súa aparencia convertemos a nova versión nun dispositivo con multitude de configuracións engadidas. Deseño de botóns a medida e completamente personalizable ben sexa para xogos ou streaming.
Esta opción ofrécenos unha gran versatilidade e super barata… ben… Esta versión xa non é taaaaan barata. Utilizamos unha pantalla nextion e un arduino polo que neste obradoiro veremos como é o programa de Arduino para controlar os botóns da keyboard Macro e como se fai unha interfaz sinxela para a pantalla nextion.
Nas edicións anteriores fixemos outras versións que podemos facer con botóns. A premisa será a mesma, pero farémolo doutro xeito para que poidades ver algo diferente.
Non o perdades!
A que tipo de público está orientado?
Público adulto con intereses na tecnoloxía que queira o seu propio Stream Deck.
Breve Curriculum Vitae do relator:
Enxeñeiro en telecomunicación de formación, emprendedor e maker de corazón. Desde o 2008, que montei a miña primeira empresa, ata o de agora, a miña traxectoria laboral e persoal conduciume a ter que estar en constante formación multidisciplinar para levar todos os proxectos que emprendo a boa fin. O que me converteu nun coñecedor de múltiples oficios que van desde o mundo contable, administrativo, e de vendas, pasando polo desenvolvemento web e a mercadotecnia, ata chegar ao mundo maker e a impresión3D. Todos estes coñecementos e moitos máis que sigo aprendendo día a día conducen o meu camiño e desfruto compartindo con quen queira escoitar todo o que sei.
Web: Inven.es
Horario: Venres, 7 de outubro, 16:00 - 17:45
Hidroimpresión
Idioma: Castelán
Relator: Aitor Larrañaga
Descrición do relatorio:
A hidroimpresión, tamén chamada water transfer printing, é unha técnica de impresión que consiste na transferencia dun deseño impreso nunha lámina a calquera obxecto que entre na cubeta.
A que tipo de público está orientado?
Todos os públicos.
Breve Curriculum Vitae do relator:
Modder no meu tempo libre.
Horario: Venres, 7 de outubro, 18:00 - 19:45
IVAO, simulando o ceo
Idioma: Castelán
Relator: Celestino Abad Leal
Empresa: IVAO ES International Virtual Aviation Organisation
Descrición do relatorio:
Explicación da rede de IVAO, o seu funcionamento e comunidade.
A que tipo de público está orientado?
Ao público en xeral.
Breve Curriculum Vitae do relator:
Web: ivao.es
Horario: Sábado, 8 de outubro, 11:00 - 11:45
Materiais baratos para iniciarse no cosplay
Idioma: Castelán
Relator: Andivi
Descrición do relatorio:
Nesta charla falaremos de materiais bos, e sobre todo, baratos para iniciarse no cosplay. Algunha vez quixeches facer un casco ou unha katana? Pois esta é a túa charla ideal!
A que tipo de público está orientado?
A todas aquelas persoas que estean interesadas nas manualidades, artesanía, disfraces e cosplay.
Breve Curriculum Vitae do relator:
Andivi é unha destacada cosplayer biscaíña coñecida por algunhas das súas cosplays máis virais e premiadas como Wonder Woman ou a súa cosplay de Taric Armadura da Quinta Era co cal viaxou por toda España. Gañou máis de 20 concursos a nivel nacional, entre os que se atopan concursos como CometCon. É animada, amigable e presta atención aos detalles, cualidades que mostrará na súa charla sobre iniciación ao cosplay.
Web: https://www.instagram.com/andivicosplay/
Horario: Sábado, 8 de outubro, 13:00 - 13:45
Fotografía e Retoque Dixital Profesional
Idioma: Castellano
Ponente: Raul Garcia Lamoso
Empresa: RAUL LAMOSO FOTOGRAFIA
Descripción de la ponencia:
Indicada tanto para persoas sen coñecementos previos como para afeccionados avanzados, trataranse temas que van desde as técnicas de captura e iluminación, o manexo de programas como LIGHTROOM, PHOTOSHOP e INDESIGN, así como unha aproximación ao fluxo de traballo en reportaxes de moda e sociais.
https://www.facebook.com/RaulLamosoFotografia/videos/810041013066022
¿A qué tipo de público está orientado?
A toda persona interesada en iniciarse ou mellorar a súa técnica en técnicas fotográficas ou retoque dixital.
Breve Curriculum Vitae del ponente:
Raul Lamoso é un fotógrafo profesional fincado na Coruña, con máis de 15 añios de experiencia no sector. Está especializado en fotografía de moda, publicitaria e retoque dixital. Durante 10 anos realizou fotografía social, sendo un dos fotógrafos mellor valorados en Vodas.net. O seu traballo foi galardoado en numerosas ocasións e impartiu talleres por toda a xeografría Española, destacando os seus relatorios na Cidade das Artes e as Ciencias, Segovia Foto, Palexco, así como no I Congreso Nacional de Fotografía de Moda e Social, compartindo cartel con Jose María Mellado, Juan Rodrigo, Rebeca Saray e Xanti Gutierrez.
Web:
https://www.facebook.com/RaulLamosoFotografia/
https://www.instagram.com/raul_lamoso_fotografia/
Horario: Sábado, 8 de octubre, 17:00 - 17:45
Monta a túa web desde cero
Idioma: Castelán
Relator: Víctor Pardo Gómez
Empresa: Inven – Espacio creativo y coworking
Descrición do relatorio:
Aprende a facer a túa web desde cero cero. Desde a compra do hosting/dominio ata a publicación da web. Utilizaremos wordpress cun construtor de contido chamado Elementor. Todo iso na súa versión gratuíta pero comentaremos tamén dalgúns módulos de pago que poden ser interesantes.
Ao rematar o obradoiro de hora e media, terás os coñecementos suficientes para poder facer unha web ou blog persoal ou profesional e como conectala con Google Analytics. Non nos meteremos nas tendas online, iso é outra movida ben complicada… e nin que falar do posicionamento… aí tampouco penso meterme… faremos o básico, pero por algo hai que empezar.
A que tipo de público está orientado?
Público adulto con intereses no desenvolvemento web e a tecnoloxía.
Breve Curriculum Vitae do relator:
Enxeñeiro en telecomunicación de formación, emprendedor e maker de corazón. Desde o 2008, que montei a miña primeira empresa, ata o de agora, a miña traxectoria laboral e persoal conduciume a ter que estar en constante formación multidisciplinar para levar todos os proxectos que emprendo a boa fin. O que me converteu nun coñecedor de múltiples oficios que van desde o mundo contable, administrativo, e de vendas, pasando polo desenvolvemento web e a mercadotecnia, ata chegar ao mundo maker e a impresión3D. Todos estes coñecementos e moitos máis que sigo aprendendo día a día conducen o meu camiño e desfruto compartindo con quen queira escoitar todo o que sei.
Web: Inven.es
Horario: Sábado, 8 de outubro, 18:00 - 19:30