Hearthstone

Enfunda a túa espada, saca a túa baralla e prepárate para gozar con  Hearthstone, un trepidante xogo de cartas de estratexia, fácil de aprender e  salvajemente divertido. Inicia unha partida gratuíta en  Battle.net e utiliza as túas mellores cartas para lanzar feitizos, invocar criaturas e dar ordes aos heroes de  Warcraft en épicos e estratéxicos duelos.

Tipo de competición: Eliminatoria simple.

Versión: PC. Última versión dispoñible.

Normativa específica

  • Xogarase en formato estándar.
  • Os xogadores teñen prohibido o uso do chat e calquera dispositivo externo durante as partidas. Por iso, deberán manter a súa conta en estado ocupado.
  • Non se poderán cambiar de mazo durante todo o torneo. Para corroboralo deberán de enviar unha captura coas listas dos mazos que utilizarán, ao apartado habilitado na intranet.
  • O modo de xogo será "Last hero standing":
    • Os participantes deben ter preparados 4 mazos de 4 clases distintas e banearase un dos mazos.
    • Para gañar a partida, o xogador deberá derrotar os 3 mazos do opoñente.
    • Cando un xogador gañe cun mazo, este terá que manter a súa baralla.
    • O xogador perdedor terá que cambiar a súa outra baralla dispoñible.
    • Vídeo explicativo do Last Hero Standing: 

Normativa de comportamento e asistencia

  • Os participantes do grupo deberán estar no chat antes da hora de inicio.
  • Esperarase un máximo de 5 minutos.
  • Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa.
  • Expulsarase da competición a calquera participante que utilice programas,  glitches e/ou  hacks que faciliten axudas.
  • Non se permite o coaching durante as partidas.
  • Non se permite a conduta  antideportiva polo calquera medio de comunicación.

Observacións

  • Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
  • Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
  • Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
  • En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
  • As normas expostas anteriormente serven de referencia pero poden ser actualizadas por un organizador en calquera momento para reflectir cambios de última hora ou aclaracións/modificacións segundo se requira.
  • A esta normativa compleménta a normativa xeral.

twitter facebook