Rocket League

Un xogo de acción deportiva futurista. Rocket League, equipa aos xogadores con coches cargados de nitro que chocarán con balóns xigantes facendo dos partidos de fútbol algo épico.

Tipo de competición: Brackets simples 3 vs 3. Eliminatoria simple.

Versión:  PC

Normativa específica

  • Eliminatoria directa.
  • Disputarase un só partido por emparellamento (BO3).
  • Os equipos deberán estar formados por 3 persoas. Deberá crear a partida aquel que vaia pola parte superior do cadro.
  • Serán os propios xogadores os encargados de poñerse en contacto cos seus rivais. No caso de que un xogador non se presente, deberase informar á organización para que poida tomar as medidas axeitadas.
  • Unha vez terminada a rolda, o gañador deberá subir os resultados á intranet.
  • Recoméndase gardar unha captura da pantalla cos resultados finais, aínda que non é obrigatorio.
  • Se os dou equipos están de acordo, poderán xogar antes da hora establecida, pero non despois.
  • Se unha vez terminado o horario da rolda, non existen eses resultados, aqueles que non os presentaron, quedarán automaticamente eliminados.

Configuración da partida

  • Default Arena: DFH Stadium*
  • Tamaño de equipo: 3vs3
  • Dificultade de Bots: Sen Bots.
  • Mutators: ningún
  • Tempo de partida: 5 minutos

*No caso de que ámbolos dous equipos estean de acordo poderase xogar nunha area distinta, a condición de que sexa de tipo Standard (chan plano, sen obstáculos e porterías empotradas).

Normativa de comportamento e asistencia

  • Os participantes do grupo deberán estar no chat antes da hora de inicio.
  • Esperarase un máximo de 5 minutos.
  • Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa.
  • Expulsarase da competición a calquera participante que utilice programas, glitches e/ou hacks que faciliten axudas.
  • Non se permite o coaching durante as partidas.
  • Non se permite a conduta antideportiva polo chat..

Observacións

  • Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
  • En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
  • Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
  • Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
  • A esta normativa compleménta a normativa xeral.

twitter facebook