Xusto cando a emoción do último torneo, xa convertido en lenda, comezaba a desvanecerse, empezan a estenderse como a pólvora entre os loitadores de artes marciais de todo o planeta rumores sobre un novo torneo mundial, rumores que deixan ao seu paso un ronsel de misterio…
Tipo de competición: Brackets de grupo 1 vs 1.
Versión: PS4
Normativa específica
- A fase eliminatoria disputarase ao mellor de 3 partidas (BO3/ FT2), as finais serán ao mellor de 5 ( BO5/ FT3).
- Cada combate constará de ata 3 rounds.
- Só o participante que perdeu a rolda pode cambiar de loitador.
- Calquera participante que use “Selección aleatoria” para elixir o seu personaxe, deberá usar “Selección aleatoria” de novo se gaña o Combate.
- Entre rolda e rolda, poderase cambiar o V-Trigger aínda que non se cambie de personaxe.
- En semifinais e a final a selección de personaxe poderá ser cega se os xogadores o desexan. Na semifinal e final cada xogador diralle ao organizador que personaxe vai xogar sen que o saiba o rival e despois seleccionaraos evitando así o " counterpicking".
- No caso de que haxa Gran Final, o gañador da fase de Losers terá que gañar 2 Sets para gañar a competición.
- Estarán dispoñibles todos os personaxes que saísen ata o momento.
Procedemento xeral do Torneo
- A organización chamará en grupos en diferentes horarios aos participantes.
- Cada grupo xogará todos os enfrontamentos posibles no seu grupo, incluíndo as roldas de losers.
- De cada grupo sairá un/a campión/a.
- Estes campións enfrontaranse aos campións clasificados do torneo de GameGune seguindo as mesmas normas que se seguiron ata o de agora.
Configuración da partida
- Os escenarios non permitidos durante o torneo serán: Field of Fate, Flamenco Tavern, Kanzuki Beach, Mysterious Cove E Skies of Honor.
- Duración de cada round: 99 segundos.
Axustes de Regras:
- Roldas: 3
- Tempo: 99
- Axustes de vitoria: Gañar 2 partidas
Normativa de Controladores
- Os usuarios poden traer os seus propios controis para participar no torneo, aínda que non se poderán usar aqueles controis con función de macros ou turbos.
- O mando de PS4 deberá estar conectado vía cable.
- Os conversores Cronus Max Plus e Titan One non están permitidos.
- Cada xogador deberá axustar os seus controis antes de empezar a partida, non podendo facelo á metade desta. É responsabilidade dos participantes ter os controis preparados antes de cada partida.
Normativa de comportamento e asistencia:
- Os grupos serán chamados en orde e disputaranse todas as partidas de grupo ata quedar un só vencedor. Os participantes que non asistan serán eliminados incluído nas roldas de losers se as houbese.
- A participación das roldas de losers é opcional, en caso de non querer participar nelas, informade o organizador da actividade unha vez os teñan eliminado da rolda principal.
- Os participantes do grupo deberán estar no chat antes da hora de inicio.
- Esperarase un máximo de 10 minutos desde a hora especificada na intranet.
- Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa, coa penalización de round perdido en caso de producirse.
- Expulsarase da competición a calquera participante que utilice programas, glitches e/ou hacks que faciliten axudas.
- Non se permite o coaching durante as partidas.
- Non se permite a conduta antideportiva polo calquera medio de comunicación.
Observacións
- Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
- Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
- Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
- En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
- As normas expostas anteriormente serven de referencia pero poden ser actualizadas por un organizador en calquera momento para reflectir cambios de última hora ou aclaracións/modificacións segundo se requira.
- A esta normativa compleménta a normativa xeral.