Que traer

Cada asistente debe traer o seu computador, traballos que realizase no seu computador, programas, xogos, utilidades e por suposto os últimas Demos que conseguise.

Outra cousa importante é que cada un traia o computador preparado para conectar a un só enchufe, é dicir, que traia o seu propio ladrón para conectar o monitor, o Amiga/PC, etc.

Ademais cada usuario terá que ser autosuficiente, necesitará o monitor, fonte de alimentación,... para usar o seu computador. A organización non pode facilitar monitores, nin fontes, nin ratos, nin ningún outro elemento.

A organización non se fai responsable do deterioro, rotura, nin roubo dos computadores e outros elementos que traian os participantes.

Coida a seguridade do teu computador

... e polo tanto a dos demais. Nunha rede local poden ocorrer moitas cousas, polo tanto lembrámosche que a seguridade é unha labor de todos e que debes traer o teu computador convenientemente preparado. Algúns pasos que deberías comprobar son os seguintes:

  • Instala un Firewall (cortalumes) persoal na túa PC.
  • Instala os últimos parches de seguridade, tanto os do sistema operativo como os das aplicacións que uses.
  • Ten o teu antivirus actualizado e comproba periodicamente que non se coou ningún virus, verme, troiano ou calquera outro malware no teu computador.

twitter facebook