Obradoiros

Iremos informando sobre os diferentes obradoiros que haberá na Extranet.

Se queres ser un dos conferenciantes, presenta xa a túa proposta enviando un Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o teu nome, título do relatorio e unha descrición da mesma.

 

HORARIO DE OBRADOIROS*

Venres, 7 de outubro

10:00 - 11:45 Programación dun sensor para medir a calidade do aire

12:00 - 13:45 Deseña e programa un reloxo con 60 leds que fan de segundeiro

Sábado, 8 de outubro

12:00 - 13:45 Xoga ao futbol cos Robots Dash

16:00 - 16:45 Katanas para cosplay

17:00 - 18:45 Obradoiro de poliestireno (chovafoam) para cosplay

 


*Este programa é provisional, e polo tanto está suxeito a variacións que se comunicarán oportunamente.


 

Programación dun sensor para medir a calidade do aire

Idioma: Castelán

Relator: Camp Tecnológico

Descrición do relatorio:

A Covid mostrounos a necesidade de coñecer o nivel de C02 nun espazo cerrado para garantir a renovación do aire que respiramos, neste taller aprenderemos como podemos construír un dispositivo programble que mida distintos parámetros da calidade do aire dun local ou aula, mediante a utilización da placa Micro.bit  e dunha placa con sensores e display para presentar os valores medidos.

Taller práctico de aprender a programar con Make Code, Micro:bit e sensores que miden humidade, temperatura e CO2.

A que tipo de público está orientado?

Interesados na aplicación da tecnoloxía, docentes e persoas a partir dos 10 anos.

Horario: Venres, 7 de outubro, 10:00 - 11:45 

 Subir ^

Deseña e programa un reloxo con 60 leds que fan de segundeiro

Idioma: Castelán

Relator: Camp Tecnológico

Descrición do relatorio:

Crea o teu propio reloxo con luces led que van acendendo e fan de segundeiro, mediante a placa electrónica Micro:bit e a placa electrónica  con 60 leds programables, poderás aprender a programar como facela funcionar como segundeiro dun reloxo.

Taller práctico de aprender a programar con Make Code e Micro:bit.

A que tipo de público está orientado?

Interesados na aplicación da tecnoloxía, docentes e persoas a partir dos 10 anos.

Horario: Venres, 7 de outubro, 12:00 - 13:45

 Subir ^

Xoga ao futbol cos Robots Dash

Idioma: Castelán

Relator: Camp Tecnológico

Descrición do relatorio:

Ven xogar cos robots Dash en equipos de 2 en 2,  a ver quen consegue levar o balón á portería, controlará cada xogador cunha Tablet o movemento de cada robot, un xogo de habilidade, en quendas de 5 minutos. 

A que tipo de público está orientado?

Aberto a todos os públicos.

Horario: Sábado, 8 de outubro, 12:00 - 13:45 

 Subir ^

Katanas para cosplay

Idioma: Castelán

Relator: Andivi

Descrición do relatorio:

Neste taller poderás idear e facer a katana dos teus soños. Tanto se a queres para cosplay, para xogar, rolear ou para decorar a túa casa, aquí aprenderás os materiais necesarios para crear unha katana lixeira, barata e segura para todos.

A que tipo de público está orientado?

A todas aquelas persoas que estean interesadas nas manualidades, artesanía, disfraces e cosplay.

Breve Curriculum Vitae do relator:

Andivi é unha destacada cosplayer biscaíña coñecida por algunhas das súas cosplays máis virais e premiadas como Wonder Woman ou a súa cosplay de Taric Armadura da Quinta Era co cal viaxou por toda España. Gañou máis de 20 concursos a nivel nacional, entre os que se atopan concursos como CometCon. É animada, amigable e presta atención aos detalles, cualidades que mostrará na súa charla sobre iniciación ao cosplay.

Webhttps://www.instagram.com/andivicosplay/

Horario: Sábado, 8 de outubro, 16:00 - 16:45 

 Subir ^

Obradoiro de poliestireno (chovafoam) para cosplay

Idioma: Castelán

Relator: Andivi

Descrición do relatorio:

Neste obradoiro exploraremos todas as posibilidades dun dos materiais máis baratos que hai ao noso alcance para facer manualidades, armaduras e réplicas de armas. O chovafoam, ou tamén chamado, poliestireno extruido é un material moi lixeiro e barato que podemos atopar con moita facilidade. Achégate ao taller experimenta sen medo con esta materia!

A que tipo de público está orientado?

A todas aquelas persoas que estean interesadas nas manualidades, artesanía, disfraces e cosplay.

Breve Curriculum Vitae do relator:

Andivi é unha destacada cosplayer biscaíña coñecida por algunhas das súas cosplays máis virais e premiadas como Wonder Woman ou a súa cosplay de Taric Armadura da Quinta Era co cal viaxou por toda España. Gañou máis de 20 concursos a nivel nacional, entre os que se atopan concursos como CometCon. É animada, amigable e presta atención aos detalles, cualidades que mostrará na súa charla sobre iniciación ao cosplay.

Webhttps://www.instagram.com/andivicosplay/

Horario: Sábado, 8 de outubro, 17:00 - 18:45 

Subir ^

twitter facebook