Super Smash Bros Brawl

Con todos os teus personaxes favoritos do universo Nintendo: desde Mario e Link ata Donkey Kong e Pikachu, Super Smash Bros. convídante a participar neste espléndido estrondo épico que acabará en caos, como sempre! EVERYONE IS HERE!

Tipo de competición: Brackets de grupo 1 vs 1. Eliminatoria simple.

Normativa da actividade

  • Todos os combates serán ao mellor de 3 partidas (BO3), excepto semifinal e final que serán ao mellor de 5 partidas (BO5).
  • Se un combate termina cun movemento de auto-destrución, a pantalla de resultados determinará o vencedor.
  • En caso de morte Súbita o gañador será o participante con máis Vidas ou Menor Porcentaxe (se as Vidas están empatadas). En caso de empate mesmo en Porcentaxe, realizarase un combate a 1 Vida e 2 Minutos de Límite de tempo ata que resulte un gañador. O resultado de morte Súbita non será válido.
  • Está prohibido pactar resultados. Se o organizador considera que un resultado foi pactado este poderá descualificar do torneo aos dou bandos.
  • Está prohibido pedir ou recibir consellos durante as partidas dun set
  • O gañador non está obrigado a repetir personaxe, pero deberá ser o primeiro en escollelo.
  • Os Amiibo non están permitidos.
  • Se un xogador non aparece aos 5 min de chamarse a súa partida e fai que o torneo se atrase daráselle o combate por perdido.

Configuración da partida

  • Combate a 3 vidas e 7 minutos de límite de tempo.
  • Barra de Smash Final: Non.
  • Espíritos: Non.
  • Dano Inicial: Non.
  • Items: Desactivados ou Ningún.
  • Mecanismos: Non.
  • Lume Amigo: Si.
  • Impulso: 1.0x
  • Reforzo: Non.
  • Pausa: Non.
  • Puntuación: Non.
  • Medidor de Dano: Si.
  • Abalo Personalizado: Desactivado.
  • Loitadores Boto: Separados.
  • Radar: Grande.
  • Aliados Translúcidos: Non.
  • Loitadores Mii: Permitidas todas as combinacións de movementos*.
  • Luchadores Mii: Permitidas todas las combinaciones de movimientos*.
    • Os loitadores Mii terán que usar os seus traxes por defecto (a cor pódese elixir). O nome do personaxe terá que ser o da elección dos movementos no formato XXXX (por exemplo: 1321).

Procedemento dun set.

  1. Selecciónase un escenario aleatorio entre os Escenarios Legais.
  2. Xógase a primeira rolda.
  3. O xogador gañador declara se quere cambiar de personaxe e escolle primeiro.
  4. O xogador perdedor declara se quere cambiar de personaxe e escolle.
  5. Xógase o resto da partida ata completar un BO3 (FT2).

Procedemento dun set (Semifinal e Final).

  1. Selecciónase un escenario aleatorio entre os Escenarios Legais.
  2. Xógase a primeira rolda.
  3. O xogador gañador declara se quere cambiar de personaxe e escolle primeiro.
  4. O xogador perdedor declara se quere cambiar de personaxe e escolle.
  5. O xogador que perdeu elixe o escenario onde xogará a seguinte rolda.
  6. Xógase o resto da partida, ata completar un BO5 (FT3).

Escenarios legais

  • Iniciais
    • Campo de Batalla*
    • Destino Final*
    • Estadio Pokémon 2
    • Pobo Smash
    • Liga Pokémon de Kalos
  • Adicionais
    • Sobrevoando o pobo
    • Sistema Lylat
    • Liga Pokémon de Teselia

Se na primeira rolda dunha partida os xogadores van a Destino Final ou Campo de batalla poden poñerse de acordo para xogar nunha versión diferente destes.

Normativa de Controladores

  • Os usuarios poden traer os seus propios controis para participar no torneo, aínda que non se poderán usar aqueles controis con función de macros ou turbos.
  • O Mando Prol de Switch  deberá estar conectado vía cable.
  • Os conversores non están permitidos.
  • A organización conta con adaptadores de mando de Gamecube. Se queres usar este mando, deberás solicitalo ao organizador da actividade.
  • Cada xogador deberá axustar os seus controis antes de empezar a partida, non podendo facerse a metade desta. É responsabilidade dos participantes ter os controis preparados antes de cada partida.
  • Poderanse crear e gardar esquemas de control. O nome deste non debe ser ofensivo.

Normativa de comportamento e asistencia

  • Os grupos serán chamados en orde e disputaranse todas as partidas de grupo ata quedar un só vencedor. Os participantes que non asistan serán eliminados incluído nas roldas de losers se as houbese.
  • A participación das roldas de losers  é opcional, en caso de non querer participar nelas, informade ó organizador da actividade cando vos eliminaron da rolda principal.
  • Os participantes do grupo deberán estar na área de xogo antes da hora de inicio.
  • Esperarase un máximo de 10 minutos desde a hora especificada na intranet.
  • Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa, coa penalización de round perdido en caso de producirse.
  • Expulsarase da competición a calquera participante que utilice programas,  glitches e/ou  hacks que faciliten axudas.
  • Non se permite o coaching durante as partidas.
  • Non se permite a conduta  antideportiva polo calquera medio de comunicación.

Observacións

  • Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
  • Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
  • Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
  • En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
  • As normas expostas anteriormente serven de referencia pero poden ser actualizadas por un organizador en calquera momento para reflectir cambios de última hora ou aclaracións/modificacións segundo se requira.
  • A esta normativa compleménta a normativa xeral.

twitter facebook