FIFA 22 é un videoxogo de fútbol, desenvolvido por Electronic Arts e publicado por EA Sports Estados Unidos. Será o 29º da serie de videoxogos da FIFA. Este será o cuarto xogo da FIFA na serie, tras as anteriores FIFA 19 e FIFA 20, FIFA 21, en empregar o motor de xogo Frostbite.
Tipo de competición: Brackets simples 1 vs 1. Eliminatoria simple.
Versión: PS4 (Zona de consolas).
Normativa específica
- Eliminatoria
- Disputarase un só partido por emparellamento.
- Pódese elixir calquera club ou selección nacional.
- Prohíbese tamén o uso de corners personalizados e a defensa clásica.
- En caso de empate disputarase prórroga e penaltis.
Configuración da partida
- Duración do partido: 12 minutos (6 cada parte).
- Controis: Os que o xogador queira.
- Velocidade do xogo: Normal.
- Tipo de persoal: 85GLOBAL
Normativa de comportamento e asistencia
- Os grupos serán chamados en orde e disputaranse todas as partidas de grupo ata quedar un só vencedor. Os participantes que non asistan serán eliminados incluído nas roldas de losers se as houbese.
- A participación das roldas de losers é opcional, en caso de non querer participar nelas, informade o organizador da actividade unha vez os teñan eliminado da rolda principal.
- Os participantes do grupo deberán estar no chat antes da hora de inicio.
- Esperarase un máximo de 5 minutos.
- Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa, coa penalización de round perdido en caso de producirse.
- Expulsarase da competición a calquera participante que utilice programas, glitches e/ou hacks que faciliten axudas.
- Non se permite o coaching durante as partidas.
- Non se permite a conduta antideportiva polo chat.
Observacións
- Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
- Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
- Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
- En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
- As normas expostas anteriormente serven de referencia pero poden ser actualizadas por un organizador en calquera momento para reflectir cambios de última hora ou aclaracións/modificacións segundo se requira.
- A esta normativa compleménta a normativa xeral.