Este ano disporemos de 1.024 sitios para poñer o voso computador.
A entrada á party dá dereito a un posto para situar o computador, toma de corrente (unha soa toma por posto) e conexión a rede local e internet.
Prezo: 35 €
Data de preinscrición: A partir do 8 de setembro. A preinscrición NON asegura a praza.
A partir desa data será posible darse de alta na web, acceder ao sistema e organizar grupos de reserva. Disponse duns días para poder telo todo preparado antes de que dea comezo a reserva.
Data de reserva: Xoves, 15 de setembro ás 10:00 da mañá.
Se tes calquera problema coas reservas ou a extranet, ponte en contacto con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Para máis información sobre o proceso de inscrición
- Procedemento para realizar a reserva
- Selección de sitios
- Acerca da lista de espera
- Procedemento para solicitar devolución de entradas
Procedemento para realizar a reserva
1.- ENTRA
Accede ao sistema. Se aínda non tes un usuario, poderás rexistrarte (aqueles que xa teñan un usuario creado no sistema non teñen que darse de alta de novo).
2.- PREINSCRÍBETE
Se o período de inscricións comezou, no apartado 'Reserva', encher os datos de preinscrición para a nova edición.
Se se opta por realizar a reserva en grupo, formar o grupo de reserva (explicado no seguinte punto).
3.- RESERVA
No momento de ‘Realizar reserva’ poden darse 3 situacións diferentes:
- Obter unha Reserva con selección de posto: Trátase do primeiro cupo de reservas, que unha vez confirmado o pago permite seleccionar o sitio.
- Obter unha Reserva sen selección de posto: É o segundo cupo de reservas, que unha vez esgotadas as reservas con selección de posto, adjudícanse por rigurosa orde ata esgotar as prazas disponibles. A asignación de sitios realizaraa a organización e enviará un mail cando teña sido realizada.
- Entrar En lista de espera, si se esgotaron xa tódalas prazas disponibles.
Pódese reservar en grupo ou de forma individual:
Nota importante: non é necesario refrescar a páxina do sistema de reservas manualmente, xa que o sistema é automático. Os usuarios que abusen do sistema serán bloqueados de forma temporal.
Reserva en grupo
Será o líder do grupo o interlocutor coa organización. Se non queres que o líder do grupo sexa a persoa responsable, NON fagas a reserva en grupo.
- Cada membro do grupo debe encher a ficha de preinscrición da party.
- Alguén (o líder do grupo) crea un grupo e dá o nome do grupo e o contrasinal aos seus amigos.
- Os amigos únense ao grupo usando o contrasinal dado polo líder do grupo.
- Cando as reservas teñan comezado, o líder do grupo realiza a reserva para todo o grupo. No cadro 'Reserva' haberá unha opción para 'Realizar reserva'. Ninguén máis pode unirse ao grupo despois disto, polo que será preciso contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. se o grupo foi pechado por erro. Nese momento mostrarase a información de como realizar o pagamento (a non ser que a cota de reservas dispoñibles se teña esgotado, nese caso será incluído na lista de espera).
- O líder do grupo realiza o pagamento para TODO o grupo. O pagamento realizarase mediante tarxeta.
- O líder recibe o e-mail de confirmación de pagamento.
- O líder do grupo elixe onde sentará o grupo na party. No caso de que sexa a organización a que realice a asignación dos sitios, unha vez realizada, o líder do grupo recibirá un email.
- Cada membro do grupo elixe o seu sitio de entre os sitios do grupo (sempre que na ficha de preinscrición indicase que levará ordenador).
Reserva individual
- Encher a ficha de preinscrición da party.
- Cando as reservas teñan comezado, realizar a reserva. No cadro de 'Reserva' haberá unha opción para 'Realizar Reserva'. Nese momento mostrarase a información de como realizar o pagamento (a non ser que a cota de reservas dispoñibles se teña esgotado, nese caso será incluído na lista de espera).
- Realizar o pagamento. O pagamento realizarase mediante tarxeta.
- Tras recibir o e-mail de confirmación de pagamento, elixir o sitio concreto a ocupar na party (sempre que na ficha de preinscrición indicases que levarás ordenador). No caso de que sexa a organización a que realice a asignación dos sitios, unha vez realizada, recibirás un email.
Usando calquera dos métodos anteriores, só se disporá de sitio na party, tras realizar a reserva correspondente e a confirmación do pagamento.
Selección de sitios
Os postos NON son enfrontados, tódals las filas miran cara á pantalla.
En primeiro lugar cómpre realizar a reserva para asegurar que hai espazo dentro da party. Se a reserva é con selección de posto, a praza concreta a ocupar selecciónase unha vez confirmado o pago. Se a reserva é sen selección de posto, a asignación dos sitios será realizada pola organización.
Debes ter en conta que as prazas para seleccionar nunha mesma fila deben ser consecutivas. Ademais, non é posible deixar unha única praza libre á dereita ou á esquerda.
A organización resérvase o dereito para realizar movementos dos usuarios, así como a realizar a asignación dos sitios, en aras de optimizar o espazo dispoñible.
Acerca da lista de espera
Cando a cota de reservas dispoñibles se teña esgotado, ao realizar a reserva serás incluído na lista de espera, e no caso de que obteñas unha reserva, recibirás un e-mail con información para realizar o pago (non será posible realizar o pago ata ter asegurada a reserva).
Funcionamento:
1. Reservas con selección de posto: Nun primeiro momento asígnanse as reservas que corresponden ás prazas de libre disposición (as que se mostran de cor verde no mapa de ocupación).
Desde a organización realizarase unha reorganización de prazas, para poder situar aos grupos que nesas primeiras reservas non puideron seleccionar os seus sitios xuntos.
2. Reservas sen selección de posto: A partir deste momento, a asignación dos sitios será realizada pola organización, en aras de optimizar o espazo dispoñible (ata que se esgoten as posibilidades de sitios xuntos).
3. Cando estas se esgoten, comeza a formarse a lista de espera, mantendo a orde da reserva. Asignaranse as reservas restantes ata completar o aforamento.
A medida que se produzan cancelacións de prazas confirmadas, esas reservas iranse asignando á lista de espera.
Nota: Aínda estando aberta a lista de espera, é posible que o mapa de ocupación mostre prazas de cor verde, pero non significa que estean libres. Significa que esas reservas xa foron asignadas, aínda que as prazas non fosen seleccionadas polo usuario.
Procedemento para solicitar devolución de entradas
É importante que aquela persoa que finalmente non vaia poder asistir e teña unha entrada realice a devolución. Así poderemos dar cabida a aquelas persoas que quedaron sen sitio e desexan asistir.
As devolucións realizaranse tendo en conta a data de confirmación da baixa.:
- Ata o 28 de setembro, - devólvense 25 €.
- Do 29 de setembro ao 3 de outubro, - devólvense 15 €.
Para tratar calquera tema referente ás devolucións escribir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co tema "DEVOLUCIÓN" no asunto da mensaxe (se é reserva de grupo será mediante o líder do grupo).