Just Dance 2022

Descrición: Just Dance 2022 é o décimo xogo da serie Just Dance, desenvolvidas por Ubisoft!

Tipo de competición:  Brackets de grupo (Eliminatoria simple) 1 vs 1

Versión: Xbox One

Normativa específica:

  • Xogaranse 2 cancións, cada unha elixida por un dos xogadores, en caso de empate, a canción será elixida pola organización.
  • O nivel de dificultade subirá en cada rolda, sendo nivel fácil a primeira rolda, medio a segunda e difícil da terceira rolda en diante.
  • Non estará permitido repetir cancións durante o torneo.

Normativa de comportamento e asistencia

  • Os participantes do grupo deberán estar na zona de consolas antes da hora de inicio.
  • Os grupos serán chamados en orde e disputaranse todas as partidas de grupo ata quedar un só vencedor. Os participantes que non asistan serán eliminados.
  • Esperarase un máximo de 10 minutos desde a hora especificada na intranet.
  • Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa.
  • Non se permite o coaching durante as partidas.
  • Non se permite a conduta antideportiva presencial ou por chat.

Observacións

  • Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
  • Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
  • Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
  • En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
  • As normas expostas anteriormente serven de referencia pero poden ser actualizadas por un organizador en calquera momento para reflectir cambios de última hora ou aclaracións/modificacións segundo se requira.
  • A esta normativa compleménta a normativa xeral.

twitter facebook