Skribbl.io es é un xogo gratuíto de navegador co que poderás poñer a proba as túas dotes artísticas. Tes que adiviñar o que os outros xogadores están a debuxar no menor tempo posible para gañar puntos. Cando sexa a túa quenda para debuxar na pizarra tenta ser tan preciso como poidas. Se creativo cando debuxes e dá o mellor de ti para debuxar e adiviñar e así gañar puntos!
Tipo de competición: Grupos de todos contra todos
Versión: Web. https://skribbl.io/. Recoméndase versión de computador.
Normativa específica
- Todos os xogadores deben de estar dispoñibles en discord cinco minutos antes da hora da partida
- O nome escollido na partida ten que ser o mesmo que o nome da intranet.
- Non está permitido debuxar letras ou palabras. (-40 puntos por letra colocada)
- Non está permitida a axuda de terceiros.
- Os xogadores poden ser obrigados a estar nunha canle de voz de discord ou teamspeak proporcionado pola organización, tanto durante a partida como nos minutos previos.
- A competición poderá ser realizada a través de Discord ou na área de xogos a conveniencia da organización. Avisarase previamente na páxina da actividade e a en discord onde se realizarán as citadas partidas.
Configuración da partida
- A partida será creada pola organización. É importante estar dispoñible en discord para obter a ligazón.
- A partida terá un dicionario personalizado en español.
- Constará dun mínimo de tres roldas, nas que todos os participantes debuxarán unha quenda.
Normativa de comportamento e asistencia
- Os participantes do grupo deberán estar dispoñibles en discord mínimo cinco minutos antes da hora de inicio.
- As partidas pódense xogar antes da hora indicada pola organización sempre que todos estean de acordo. Nunca se poderá empezar despois.
- Para adiantar a hora de inicio dunha partida é obrigatorio comunicarllo á organización, pois será a encargada de crear a partida.
- Penalización por atraso na hora de inicio:
- 10 minutos: Eliminación da partida con 0 puntos conseguidos.
- Non se permite a conduta antideportiva polo chat.
- Referencias á violencia, xenofobia ou insultos, tanto no chat como en debuxo, poden ser motivo de descualificación.
- Participar nunha partida que non corresponde pode ser sancionable.
- En caso de desconexión, o xogador debe de tentar conectarse de novo canto antes, pero a partida non se pausará.
- En caso de desconexión, ao volver conectarse ao xogo faise cunha puntuación de 0, polo que se recomenda a gravación da partida e/ou sacar captura de pantalla despois de cada rolda. Só se sumarán os puntos do participante en caso de ter algunha das dúas. No caso de que isto suceda, o participante debe avisar á organización de maneira inmediata ao terminar a partida.
Observacións
- Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
- O número de roldas poderá variar en función dos participantes.
- Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
- Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
- En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
- As normas expostas anteriormente serven de referencia pero poden ser actualizadas por un organizador en calquera momento para reflectir cambios de última hora ou aclaracións/modificacións segundo se requira.
- A esta normativa compleménta a normativa xeral.