¡Volve o AI contest! A túa misión consistirá en programar un robot que xogue a un sinxelo xogo de varios xogadores. Os robots competirán entre si e haberá premios para os autores das mellores intelixencias artificiais.
Este ano manteremos o mesmo reto de anos anteriores: o xogo de Faros Láser. Podes consultar a documentación e descargar exemplos e o motor do xogo no seguinte repositorio.
Os bots executaranse baixo Arch Linux nun proceso separado con comunicación por stdio. O xogo xogarase a quendas (non en tempo real).
Os bots poderanse desenvolver en calquera linguaxe de programación que estea dispoñible nos repositorios oficiais de Arch Linux, e deberase incluír un README coa lista de dependencias e instrucións de compilación. Poderedes atopar un exemplo escrito en Python no repositorio de GitHub anteriormente mencionado.
As normas completas desta actividade serán publicadas durante a party na Intranet.