Setups

Unha competición expresamente feita para todos  os que coidades a vosa mesa do pc coma se fose o voso palacio.  Luciñas de cores, figuras, pops, plantiñas decorativas, mesas a medida... Calquera cousa é válida. A condición de que reine a orde e a perfección. Por suposto, a foto terá que facerse na party.

P.D: Saírvos do tradicional.

Normativa:

  1. Só poderán participar aqueles participantes da  XGN R Encounter 22.
  2. Cada participante só poderá presentar un Setup.
  3. A inscrición realizarase mediante a intranet da  XGN R Encounter 22.
  4. Valoraranse unha serie de características de 0 a 10 cun decimal, sendo a puntuación final a suma de puntos obtidos en cada unha das características.
  5. As cualificacións serán realizadas pola organización.
  6. As características para avaliar poden ser puntuadas de tres formas diferentes en función das característica:
  • Positivas: É a que se usa na maioría dos aspectos para avaliar e o seu valor vai de 0 a 10, polo que sempre suman.
  • Negativas: Úsanse en aspectos valorables que se entende que deben ter un status óptimo e o seu valor vai de 0 a -10, polo que sempre restan. Por exemplo “limpeza”: o normal é que estea limpo, se está sucio empezará a puntuar negativamente.
  • Simétricas: Son puntuacións que partindo desde 0 poden tomar un valor positivo ou negativo en función da avaliación e o seu valor vai de -10 a 10. Ao introducir as puntuacións simétricas favorécese o traballo de calidade, xa que un pésimo traballo nalgún apartado non só deixará de puntuar senón que pode chegar a restar puntos.

As características para avaliar e o seu tipo de puntuación son:

  • Orixinalidade
  • Limpeza
  • Deseño
  • Iluminación
  • Innovación
  • Artesanía
  • Electrónica / Robótica
  • Traballos de pintura
  • Integración doutros elementos
  • Traballo de Vinilos
  • Terminación, integración global e estética

Cada participante deberá presentar un mini clip, á parte das fotos pertinentes.

  1. En caso de dúbidas sobre a aplicación do regulamento será a organización de Hardware quen decidirá sobre a devandita aplicación.
  2. Todo incumprimento de calquera das normas significa a descualificación do participante, así como calquera trampa en canto á participación ou á autoría do traballo co que participa, dependendo da gravidade da infracción poderíanse tomar outras medidas.
  3. Tódolos participantes deberán aceptar as condicións e regras da competición de Concurso de SETUP, para poder participar.

twitter facebook