Calquera traballo que non cumpra con estas normas será descualificado automaticamente.
Excepto as fast compos, cuxo tema será anunciado durante a party, as outras producións pódense traer preparadas de antemán, e é o recomendable para poder desfrutala ao máximo.
Os materiais empregados nos concursos deben estar libres de dereitos de autor, é dicir, ser enteiramente creados polos mesmos participantes.
No caso de materiais que pertenzan ao dominio público, ou Creative Commons con posibilidade de derivativos, os participantes deben ter unha licenza válida para poder utilizalos (por exemplo, no caso de samples de audio ou fotografías comerciais, deben adquirir a licenza correspondente) e identificar este material no seu .txt adxunto.
Os ficheiros entregaranse xunto con DOUS .txt nun ficheiro comprimido (ZIP):
-UN cos datos do participante (Nome, apelido, dirección e-mail de contacto e teléfono).
-OUTRO cunha breve explicación (máximo tres liñas) dos programas e técnicas utilizadas.
Só se permitirá unha produción por autor.
A presentación dos traballos realizarase baixo a licenza de utilización Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs, aínda cando o autor indique unha licenza de utilización diferente ou ningunha.
Os traballos deberán ser orixinais e libres de royalties. Ademais, non deben participar anteriormente en ningún outro concurso.
Un xurado designado pola organización valorará os traballos presentados baseándose na súa técnica, orixinalidade e calidade artística e eventualmente poderán declarar deserta a competición en caso de considerar que a calidade dos traballos é insuficiente.
O fallo de xurado é inapelable.
A participación na competición leva a aceptación das súas Normas.
Entrega de traballos
Cada participante apuntarase e subirá a súa produción á Intranet á categoría á que desexe participar e poderá comprobar tranquilamente que a súa produción se subiu correctamente. En caso de non poder realizar a entrega a través deste medio poderase entregar a produción nun pendrive.
Aqueles traballos presentados que non poidan ser mostrados a través da compo machine deberán ir acompañados da máquina para a que foron desenvolvidos.
Prazo de apelación
Ata a entrega de premios, no posto de control ou por correo electrónico.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Curtametraxe, Gráficos 3D, Ilustración Dixital, Música Dixital, Retoque Fotográfico, Concurso de Fotografía, Fast Compos (2D, 3D, Music, GIF, Curtametraxe), Concurso de dobraxes e AMV.
Se se produce unha apelación no prazo establecido, someterase a unha segunda valoración e o seu veredicto será inapelable.