A XGN R Encounter aposta pola formación e o intercambio de experiencias ao redor das novas tecnoloxías

  • Conferencias e talleres sobre programación informática, simulación área, robótica ou fotografía dixital sucédense ao longo deste evento, divulgando e tamén informando das opcións profesionais asociadas a cada unha das áreas abordadas
  • A zona de acceso libre da party, a Extranet, acolle ata hoxe ás 20.00h estas e outras interesantes propostas
  • A Intranet, exclusiva para inscritos, esténdese ata mañá, cando remata esta vixésimo segunda edición

A XGN R Encounter continúa hoxe no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA con gran actividade e ampla participación no seu programa, no cal se apostou pola formación e o intercambio de experiencias ao redor da informática e as novas tecnoloxías.

Esta vocación divulgativa da XGN R Encounter concrétase nos talleres e conferencias que se suceden ao longo do evento. Quen se achega aos espazos habilitados na Extranet, e por tanto abertos onte e hoxe aos visitantes non acreditados, teñen a oportunidade de aprender sobre temáticas como a programación informática, a simulación aérea, o cosplay, a creación de páxinas webs, a robótica ou a fotografía dixital.

Ademais, nestas accións formativas oriéntase aos participantes sobre as diferentes opcións profesionais asociadas a cada unha destas áreas, e en concreto detállase a demanda existente de postos de traballo e os requisitos necesarios para poder acceder a estas oportunidades laborais. Como exemplo, Celestino Abad Leal, de International Virtual Aviation Organisation (IVAO SPAIN), informou na súa charla sobre os cursos de formación para pilotos e controladores virtuais que imparten, e sobre a demanda de profesionais neste sector.

Diversidade de propostas

Ademais da aprendizaxe, a diversión e o lecer tamén están moi presentes con competicións, xogos ou experiencias de realidade virtual nun programa que suma máis de 50 propostas.

En canto á Extranet, a zona de acceso libre gratuíta tanto para os rexistrados como para os visitantes que se acheguen de forma ocasional ao recinto, ofrece interesantes propostas ata hoxe ás 20.00h. Pola súa banda, a zona exclusiva para rexistrados, a Intranet, continuará a súa actividade ata mañá.

Será entón cando se entreguen os premios dos torneos e remate esta vixésimo segunda edición da party, que conta con R como colaboradora e patrocinadora oficial por sexto ano consecutivo e co apoio da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia como impulsora.

Organiza

Fundación Semana Verde de Galicia

Voz:

986 577000 (de luns a venres de 9 a 14 h)

Correo electrónico:

info@xgnrencounter.gal

Responsables de prensa:

Aitor Ubarretxena. Infotres Comunicación.
943 22 45 30 / 609 12 16 66
E-mail: press@euskalencounter.org
 
Silvia Regal. Fundación Semana Verde de Galicia
986 577000 / 669 840532
 

twitter facebook